Tristan Caine, o cazador, non estaba preparado para a chegada de Morana Vitalio.
Despois de romper unha promesa que levaba anos defendendo, xorde no seu interior unha feroz batalla entre o seu futuro e o seu pasado. A única certeza que ten é que a vida de Morana aínda lle pertence.
Para Morana Vitalio, a liña entre inimigos e aliados parece cada vez máis borrosa.
O seu mundo desinegrouse ante os seus ollos e agora enfróntase ao baleiro do descoñecido nun territorio hostil. A única certeza que ten é que ela é a dona da súa propia vida.
Unidos por un enigma de hai máis de vinte anos, Tristan e Morana buscan xuntos a verdade. Non obstante, o misterio das nenas desaparecidas é só a punta dun gran iceberg.
Quedan moitos esqueletos por desenterrar e a tormenta achégase.